- Dispersión das diferentes zonas rurais
- Desinterese xeral polas novas tecnoloxñias
- Falta de equipamento e de infraestructuras
- Descoñecemento sobre novas tecnoloxías
- Falta unha maior facilidade das plataforma online
- Os servizos de comunicación non apostan por este tipo de formación
- As redes rurais de teleformación apenas existen.
- Non existe competencia de servizos de telecomunicacións.
Polo tanto, para conquerir unha inmersion en novas tecnoloxías por parte dos integrantes do medio rural debe existir unha formación que chegue a todo o mundo (eliminando o problema da dispersión), que os motive e anime, que conste das infraestructuas necesaria, que sexa acorde ao nivel dos usuarios e que non provoque molestias en canto a desprazamentos e perdas de tempo.
O principal problema da formación no medio rural é a falta de infraestructuras (equipos, lugar de formación, etc) o cal está intimamente ligado e contribuído pola dispersión da poboación rural. Esto conleva á existencia de problemas de desprazamento e perdas de tempo asociadas, dende o lugar de residencia ata a aula de formación. Polo tanto compre mellorar este aspecto de tal xeito que a teleformación se poida realizar desde o domicilio particular evitando innecesarios desprazamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario